IV Travesía Benéfica a favor dos afectados de ELA

Artigos
O vindeiro 3 de xaneiro de 2015, Agaela, coa colaboración do Clube Natación Liceo, organiza a IV Travesía solidaria a favor dos afectados de ELA. As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno). Para reconfortalos á saída da auga haberá un chocolatiño quente e despois faremos algúns sorteos entre os asistentes. Todo o recadado nesta travesía será doado a Agaela.

Toda a información sobre o evento podes consultala aquí: http://agaela.es/iv-travesia-solidaria-a-favor-da-ela/

¿Anímaste a participar?

Colaboradores