II Copago de Rehabilitación AGAELA

Asociación

Comezamos o 2021 con boas noticias poñendo en marcha a segunda convocatoria do copago de rehabilitación que ten como obxectivo axudar a sufragar os gastos das sesións de rehabilitación dos socios afectados de AGAELA, a través duns copagos que se asumirán por parte da Asociación.

O programa sufraga a cada beneficiario 15 € do custe dunha sesión semanal, asumindo o beneficiario o custe restante da sesión. O copago de rehabilitación extenderase previsiblemente desde o 1 de febreiro ata o 31 de decembro de 2020.

Requisitos dos beneficiarios:

•  Estar diagnosticado de ELA.
•  Ser socio de AGAELA e estar ao día no pago da cota de socio (*excepto situacións de falta de recursos).


* Dárase prioridade a aquelas persoas non foron beneficiarias da convocatoria de 2020

Información da Convocatoria Prazo de recepción de solicitudes desde o 11 ata o 17 de xaneiro (ambos inclusive) Formulario de Inscrición

Colaboradores