I Cóctel Solidario Agaela: todo un éxito grazas á participación e colaboración do comunidade

Eventos

O pasado domingo 23 de abril celebrouse a primeira edición do “Cóctel Solidario Agaela”, no que 5 Coruña Fútbol Sala foi un dos seus promotores, xunto con Bico Bar.


A acción de visibilidade foi todo un éxito!

Ata o Bar Bico desprazáronse numerosas persoas de 12:00 a 16:00 horas cando rematou o evento. Contaron co apoio de varias personalidades da cidade de herculina e, tamén, coa asistencia de familias e persoas con ELA que non quixeron deixar pasar a oportunidade de acompañar á organización e desfrutar dun bo momento con música en directo. 


Grazas á solidariedade de todos os asistentes, a organización conseguiu recadar a cantidade de 1.400 € que permitirán á entidade seguir realizando o seu labor asistencial e de asesoramento individualizado para persoas con ELA da nosa comunidade autónoma, co fin último de mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.


Dende Agaela queren expresar o seu profundo agradecemento a todas as persoas que fixeron posible que esta acción de visibilización e captación de fondos fose unha realidade.


Cómpre valorar a importante colaboración de 5 Coruña Futbol Sala e Bico Bar. 
Pola súa banda, grazas á participación de Mas Music DJs e The Railroad Band conseguiuse un ambiente relaxado e o desfrute de todos os asistentes quedou garantido.


Dende a organización esperamos que estas sinerxias establecidas entre entidades nos permitan continuar traballando en rede, mellorando a visibilidade da Esclerose Lateral Amiotrófica mediante accións de lecer e disfrute, como foi o “I Cóctel Solidario Agaela”.

 Álbum de imaxes do evento


As seguintes organizacións fixeron posible este evento: 5 Coruña Futbol Sala, Bico Bar, Railroad Band, Mas Music DJ, César Pena UX/UI Design, Gadis, Fundación R.C. Deportivo, Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña.

 

Colaboradores