As Unidades ELA son equipos asistenciais multidisciplinares dentro dos hospitais, especializados no diagnóstico, seguemento e tratamento integral de pacientes con Esclerose Lateral Amiotrófica. O seu principal obxecto é mellorar a calidade de vida e a autonomía do paciente mediante un enfoque coordinado de neuroloxía, enfermaría, neumoloxía, rehabilitación e nutrición, xestionando síntomas complexos e facilitando axudas técnicas.
En Galicia contamos con Unidades ELA, nas que se realizan consultas de acto único, nos principais hospitais da comunidade. Trátase dun modelo de atención multidisciplinar que permite que, nun mesmo día, as persoas con ELA sexan atendidas por todos os profesionais implicados no seguemento da enfermidade.
A coordinación destes profesionais nunha única xornada evita que as persoas con ELA teñan que desprazarse ao hospital en diferentes días para realizar as súas consulas médicas, reducindo o esforzo físico e a carga emocional asociada.
A valoración das persoas usuarias sobre este modelo é maioritariamente positiva. Non obstante, dende AGAELA seguimos traballando para mellorar a periocidade nos centros nos que actualmente se realiza cada seis meses (en lugar de cada tres), co obxectivo de garantir unha atención máis frecuente e axustada ás necesidades reais das persoas con ELA.
Na actualidade, as nosas traballadoras sociais e terapeutas ocupacionais vanse incorporar a este servizo no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, co obxectivo de ofrecer unha atención integral e coordinada ás persoas usuaris e ás súas familias.
Estaremos presentes un día ao mes e comezaremos este venres 30 de xaneiro:

A atención por parte do noso equipo realizarase sempre con cita previa, agás no caso das persoas que teñan asignada consulta por parte da Unidade ELA nesa mesma xornada, ás que se lles dará prioridade.
Podes solicitar a túa cita ou pedir máis información a través nas nosas canles habituais: info@agaela.es | 660 532 298
Seguimos traballando cada día e sumando esforzos para mellorar a calidade de vida das persoas con ELA e das súas familias e persoas coidadoras.




























