Documento de instrucións previas

Artigos
Chegado o momento, é preciso ter en conta algunhas consideracións importantes que tamén están relacionadas coa enfermidade. Neste caso consideramos importante difundir a documentación necesaria para solicitar o documento de instrucións previas. Dito documento é necesario para que a persoa afectada deixe constancia da súa vontade, que intervencións quere que se realicen e cales non, de maneira que se manteña a súa capacidade de decisión no caso de que, por exemplo, haxa que realizar unha traqueotomía de urxencia ou colocar unha sonda de alimentación (PEG). Polo tanto, que é o documento de instrucións previas? É un documento no que calquera persoa pode manifestar anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar nun futuro e, por ende, decidir sobre o destino final do seu corpo, co obxectivo de que a súa decisión e vontade sexa coñecida e respectada no momento que non teña a capacidade para manifestala e que a decisión non recaia nos familiares ou coidador de referencia. Cómo podo solicitar o meu documento de instrucións previas? No caso de que se queira realizar un documento de intrucións previas, aconsellamos que para levar a cabo toda a tramitación, a persoa interesada se poña en contacto coa traballadora social do propio hospital ou centro de saúde de referencia. Tamén se pode tramitar de maneira individual sen axuda dun profesional. Para obter o modelo de solicitude, a persoa interesada deberá dirixirse ao seguinte enlace e descargar o documento no apartado "Modelos" que se encontra no menú da dereita desta páxina. Para máis información e acceso aos modelos de solicitude prema no seguinte link Fonte de información:  

Colaboradores