En AGAELA seguimos avanzando na mellora dos nosos servizos co obxectivo de ofrecer unha atención cada vez máis eficiente ás persoas afectadas por Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e ás súas familias.
Neste sentido, vimos de recibir a concesión das Bases Reguladoras da Convocatoria Pública de Subvencións Municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para o ano 2024.
Esta subvención permitiu levar a cabo a dixitalización da xestión do Banco de Apoio de AGAELA en Culleredo, unha actuación orientada a optimizar a organización e o control dos produtos de apoio que a entidade pon á disposición das persoas usuarias.
A incorporación de ferramentas dixitais facilita unha xestión máis áxil e precisa dos recursos, mellora o seguimento dos préstamos e contribúe a ofrecer un servizo de maior calidade, adaptado ás necesidades das persoas beneficiarias.
Desde AGAELA queremos agradecer ao Concello de Culleredo o apoio prestado a través desta convocatoria de subvencións, que fai posible seguir fortalecendo os nosos servizos e avanzar na transformación dixital da entidade.
Continuaremos traballando para desenvolver iniciativas que melloren a atención ás persoas con ELA e ás súas familias, promovendo unha xestión máis eficiente e un uso responsable dos recursos dispoñibles.




























