Diego Raña Bouza corre pola ELA

Eventos
O noso amigo Diego Raña, decidiu aproveitar o seu próximo reto deportivo para darlle máis visibilidade á nosa asociación e á esclerose lateral amiotrófica. O vindeiro mes de maio, Diego afrontará a durísima proba dos 10.000 do Soplao na modalidade de ultratrail percorrendo 118 km. Queres ver o seu reto e participar facendo a túa aportación económica? Aquí tes o enderezo do reto Dende AGAELA queremos agradecerlle este xesto e dicirlle que vai contar cunha morea de animadores virtuais o día da proba que estarán pendentes de ver se consigue rematar o seu reto pola ELA. ¡Ánimo Diego!

Colaboradores