Crónica: Por unha vida digna.

Artigos Eventos

O pasado martes 19 de marzo, Santiago de Compostela converteuse no epicentro dun evento que reuniu a persoas comprometidas coa causa de mellorar a calidade de vida de persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). A Conversa "Por unha vida digna", organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración coa Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AGAELA, foi un espazo de encontro e reflexión que non só deixou pegada, senón que tamén inspirou a todas as persoas asistentes, tanto presenciais como virtuais.

As actividades comezaron cunha rolda de prensa ás 11:30 da mañá onde Juan Carlos Unzué portavoz da Confederación Nacional de Entidades de ELA - ConELA, visibilizou a loita dos enfermos de ELA. Acompañando a Juan Carlos Unzué en todo momento estivo a Vicepresidenta da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, Susi Seoane. Xuntos, deron unha mensaxe de unidade na loita contra a ELA.

A xornada continuou cunha recepción no Hostal dos Reis Católicos ás 13:30 horas, onde as autoridades locais deron a benvida aos participantes e expresaron o seu apoio nesta loita.

A Conversa "Por unha vida digna" foi un chamado á acción, un recordatorio da importancia de traballar xuntos para mellorar a calidade de vida de quen enfronta desafíos tan grandes coma a ELA. Agradecemos ao Dr. Ángel Carracedo e á USC por dar vida a esta acción tan relevante e enriquecedora. A recadación final, grazas aos donativos de persoas asistentes e colaboradoras, foi de 1.095€.

Recorda que podes ver a conversa grabada neste enlace

Conversa Por unha vida digna

Mil gracias a todas as persoas que seguiron e colaboraron neste evento.

Colaboradores