Concerto solidario pola ELA en Coruña

Artigos Eventos Asociación

Este domingo tivemos a oportunidade de asistir ao concerto de combos organizado pola Rock School Coruña no emblemático Garufa Club, unha xornada marcada polo talento, a emoción e a solidariedade.

Desde AGAELA queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á Rock School Coruña pola organización deste evento musical, que conseguiu unir cultura e compromiso social nun mesmo escenario.

Grazas tamén a todas as persoas asistentes e á implicación da escola, acadouse unha recadación total de 930 €, que será destinada integramente ao noso servizo de copago de rehabilitación fisioterapéutica para persoas con ELA.

Este tipo de iniciativas teñen un impacto directo na vida das persoas ás que acompañamos, contribuíndo a facilitar o acceso a terapias fundamentais e mellorando a súa calidade de vida no día a día.

Para AGAELA, é especialmente significativo ver como a música e a cultura se converten en ferramentas de apoio e sensibilización social, demostrando que a solidariedade pode expresarse de múltiples formas.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible este concerto. Xuntas e xuntos seguimos sumando.

Colaboradores