Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de AGAELA 2023

Asociación

 

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AGAELA, convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria:

  • ? Data: sábado 25 de febreiro de 2023
  • ? Plataforma Google Meet ou presencialmente na Sala de Reunións do Edificio "A Escada" en Culleredo
  • ? Horario: 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria
  • ✍? Inscricións: https://forms.office.com/e/0uG02734Md

ORDE DO DÍA

Asamblea Xeral Ordinaria
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2. Aprobar o plan de actividades do exercicio 2022
3. Aprobar as contas e balances do exercicio 2022
4. Aprobar o plan de actividades do exercicio 2023
5. Aprobar o presuposto para o exercicio 2023

Asamblea Xeral Extraordinaria
1. Aprobar o rexistro dunha delegación de Agaela no Concello da Coruña
2. Outras propostas que xurdisen tras a convocatoria
3. Rogos e preguntas

Para poder acompañarnos será necesaria confirmación de asistencia por medio do seguinte formulario online, para poder organizar a reunión: 

Confirma a túa asistencia

 

se non podes asistir ou conectarte e queres participar, podes delegar o teu voto:

Modelo de delegación de voto - Asamblea 2023

En días previos á realización da Asamblea remitirase o enlace de acceso á mesma por medio de correo electrónico. 

A Asamblea é o lugar perfecto para contar de primeira mán a vosa opinión, non só sobre os temas e xestións da Asociación se non sobre accións, actividades e actuacións que estamos realizando desde AGAELA ou que considerades que é preciso impulsar. 

Para calquera dúbida ou máis información estamos dispoñibles no correo info@agaela.es ou no teléfono 660 53 22 98.

Agardámosvos a todos.

Unha aperta,

Joaquina Martínez Pintos
Presidenta de Agaela
www.agaela.es

Colaboradores