Asamblea xeral 2017

Asociación

A asociación “AGAELA” convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima asamblea xeral ordinaria, que terá lugar o vindeiro sábado, día 7 de xaneiro de 2017 na sala de usos múltiples 3 do Centro Cívico Monelos, A Coruña, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día: 1) Comunicación baixas na xunta directiva: Francisco Otero e Basilio Seijas. 2) Presentación e elección dos novos membros da xunta directiva. 3) Memoria de actividades e estado de contas dos ano 2016. 4) Presentación dos proxectos e coberturas para 2017. 5) Rogos e preguntas. Agardámosvos a todos. Para calquera dúbida ou máis información estamos dispoñibles no correo info@agaela.es ou no teléfono 660 53 22 98

Colaboradores