Asamblea Xeral Ordinaria de AGAELA 2021

Asociación

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AGAELA, convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima asamblea xeral ordinaria, que terá lugar o vindeiro domingo, día 21 de marzo de 2021 de maneira telemática, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior 
  • Aprobar o plan de actividades do exercicio 2020
  • Aprobar as contas e balances do exercicio 2020
  • Aprobar o plan de actividades do exercicio 2021
  • Aprobar o presuposto para o exercicio 2021
  • Outras propostas que xurdisen tras a convocatoria
  • Rogos e preguntas.
  • Para poder asistir, será necesaria confirmación de asistencia por medio do seguinte formulario online, para poder organizar a reunión virtual:

    Confirmar asistencia

    En días previos á realización da Asamblea, remitirase o enlace de acceso á mesma por medio de correo electrónico. 

    A Asamblea é o lugar perfecto para contar de primeira mán a vosa opinión, non só sobre os temas e xestións da Asociación, se non sobre as accións, actividades e actuacións que estamos realizando en AGAELA ou que considerades necesario impulsar. Ademais, podedes dar a vosa opinión sobre calquera aspecto que consideredes que pode ser relevante.

    Para calquera dúbida ou máis información estamos dispoñibles no correo info@agaela.es ou no teléfono 660 53 22 98.

    Agardámosvos a todos.
    Unha aperta,

    Joaquina Martínez Pintos
    Presidenta de Agaela
    www.agaela.es

    Colaboradores