Alugueiro de dispositivos de comunicación

Asociación
O equipo Irisbond lanza unha opción de alugueiro dos seus dispositivos oculares dos cales os socios de AGAELA poderán beneficiarse.

Para poder utilizar estes dispositivos os usuarios precisarán contar cun ordenador ou cunha tablet e Irisbond proporcionaría en concepto de alquiler mensual o lector ocular (Irisbond Duo) xunto co software de comunicación Grid 3 e unha instalación remota de en torno a 1 hora e media de duración por parte da empresa.

Este paquete de comunicación ten un custo de 120 € o primeiro mes e logo, 100 € mensuais os meses seguintes. 

Se queres máis información poder consultar este enlace ou poñerte en contacto con nós a través do correo info@agaela.es ou do teléfono/whatsapp 660 53 22 98

Colaboradores