A Deputación de Pontevedra apoia o noso programa de atención integral a familias con ELA

Artigos Asociación

Dende AGAELA queremos compartir unha boa nova, o noso esforzo diario por mellorar o benestar das persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) recibe este ano un novo impulso da Diputación de Pontevedra. 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra confirmou a concesión dunha subvención de 6.110,73€ a AGAELA. Esta contía, integrada na convocatoria de axudas sociais de 2026 para entidades sen ánimo de lucro, destinarase integramente a soster o noso Programa de información, apoio e asesoramento.

Que conseguimos grazas a este impulso?

Esta axuda tradúcese en recursos directos para quen máis o necesita.

Permítenos ofrecer:

  • Acompañamento integral, orientación personalizada e información actualizada sobre a evolución da enfermidade.
  • Apoio e asesoramento social para axudar ás familias a tramitar axudas e servizos.
  • Guía de recursos para afrontar con maior seguridade e dignidade cada etapa do proceso.

Esta resolución supón unha validación técnica ao modelo de xestión e intervención que AGAELA desenvolve no territorio, garantindo unha cobertura especializada, accesible e de proximidade no ámbito provincial.

Dende AGAELA expresamos o noso recoñecemento e agradecdemento á Deputación de Pontevedra polo seu firme compromiso coa sustentabilidade do terceiro sector e pola confianza depositada, un ano máis, na nosa capacidade operativa. Esta cooperación resulta indispensable para consolidar unha estrutura de protección social eficiente e de calidade para o colectivo da ELA.

 

Colaboradores