Que facemos > Servicios para a mellora da vida

FEGEREC: servizos que ofrece a nosa Federación

FEGEREC é a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, entidade da que AGAELA é membro, polo que, os nosos socios teñen acceso a todos os seus servizos:

  • Acollida: asesoramento sobre a enfermidade, segunda opinión de diagnóstico e tratamento, centros, servizos, unidades de referencia e especialistas, entre outros.
  • Intervención Psicolóxica: seguimento individualizado para mellorar a capacidade persoal, autonomía emocional e terapéutica.
  • Traballo social: tramitación do certificado de discapacidade, pensión non contributiva, incapacidade laboral, exencións a nivel fiscal, laboral, compra de vivenda, vehículo, etc., tarxeta de aparcamento para persoas con discapacidade, estancias vacacionais e respiro familiar.
  • Fisioterapia: fisioterapia neurolóxica, respiratoria, uriginecolóxica, reumatolóxica, manual e ortopédica.
  • Terapia Ocupacional: intervención nas diferentes áreas de ocupación (autocoidado, traballo, ocio e tempo libre, participación social, educación e xogo). Asesoramento para adquisición de produtos de apoio e técnicas de hixiene postural.
  • Logopedia: tratamento das alteracións da linguaxe e tratar/ofrecer consellos ante dificultades de deglución.

Máis información

Colaboradores